Tras unha longa fin de semán, na que coinciden o día da nai e o día dos traballadores, volve Vigo coa súa rutina habitual. Nada novo. Por unha banda temos quen fará o papel de "oposición da oposición" para defender á pobre Perly, agora que lle meten a outro galego de xefe. Nada que a prensa no viñera facendo os últimos catro anos cos mesmos protagonistas en diferentes postos.
Por outro lado temos quen lembra o porqué en Vigo o río Lagares segue a estar cheo de merda. Cousas dos aforrativos Audis. Case todos calan o escándalo da Zona Franca, que colle de pleno á conducta tan viguista de Citroen, esa empresa á que, polo visto, se lle debe pleitesía. Este tema dende logo non vai ir máis alá. Hai demasiada xente implicada, en xeral ignorantes que se cren que os impostos son para facer obras bonitas que inaugurar e non cartos que pertencen ós cidadáns e que hai que xestionar con respeto.
En definitiva, nada que non se saiba ou que non se queira saber. Xa non queda ninguén que non se tema que este novo goberno da Xunta nos venda ó mellor postor. O Colexio de Médicos, nada sospeitoso de esquerdista, e a Federación de Asociación de Veciños de Vigo, nada sospeitoso de amigo dos anteriores gobenantes, xa se suman ó que cada día semella máis imparable.
Mentras tanto, quen non celebra nin o consumismo do día da nai, nin a loita de clases do día do traballador, sempre tendrá qué facer nesta cidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario