miércoles, 6 de mayo de 2009

glamour

Non vou facer comentario ningún sobre o vestido que levaba a Súperdelegada da Xunta o día do seu estreno. Nada máis lonxe da miña intención que valorar o acto pola roupa da política. O único é que chama a atención que noutras ocasións sempre se fixera mención do tema. Dende a ex Ministra de Fomento ata a Vicepresidenta do Goberno, se por algo chamaron a atención ós nosos periodistas locais a labor destas foi pola roupa que levaban posta cando nos visitaron. Sen dúbida o amarelo e violeta de Lucía é moito máis sinxelo e discreto que as extravagancias madrileñas para os redactores. E o que tampouco acabo de entender moi ben é que chamara máis a atención o moreno do bialcalde Caballero que a pel queimada do Conselleiro de Industria, o vigués Guerra. Sen dúbida debeu ser unha mostra de respecto, porque esta cor de pel so pode deberse a algunha extraña enfermidade cutánea. En calquera caso, unido a ese look de macarra de paseo marítimo, pinta moi ben para venderlle camisetas ós surfeiros.


A mirada piadosa de Molares revela que, efectivamente, é unha extraña enfermidade

Tampouco vou facer mención do feito de que mentras "Todo Vigo" se reunía para darlle palmadiñas no lombo a Lucía, ésta esquecía os seus deberes de mediación entre traballadores e empresarios do metal, coas nefastas consecuencias que estas horas xa estamos comenzando a sufrir os vigueses. Pero tendo en conta que foi "arroupada" polos mesmos sindicalistas e empresarios do conflicto, non son quen de dicir nada.

Desta vez os cotilleos correron por conta de La Voz de Galicia, que, lonxe de ter a solera do periódico decano, segue a súa senda de "telecinquearse" á que nos ten acostumados de un tempo a esta parte. Moito máis rigurosos os do Atlántico Diario, que atopa o máis interesante no feito de que non houbo pinchos.


¿Para cando cueiros de adulto da liña "El Niño"?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa non chama a atención os vestidiños da Molares, porque tennos afeito a cousas peores. Ten máis pouco estilo, pero en fin, eu penso que é para que non lle miren á cara, porque senon a cousa sería moi desagradable!!

Anónimo dijo...

Batman y Robin ,los dos superhéroes. Parece mentira que dos personas que se llevan tan mal, salgan tan avenidos en la foto, ¡cosas de políticos! El traje de Molares es tal cual el de un famoso super héroe marveliano, y el look del conselleiro...muy beach boy. El "niño" y la mujer diabólica con acento jallejo.