jueves, 21 de mayo de 2009

o burato da Xunta

Di a Nova Xunta que a anterior deixou un burato de 1.200 millóns de euros, que ven sendo o 10% do presuposto anual. Supoñemos que, posto que as eleccións foron o 1 de marzo, non dirán o do burato en serio, posto que en dez meses dá tempo de sobra para reaxustar calquera contabilidade. Posto que, aínda que non o pareza, a miña intención é colaborar co bo desenvolvemento deste país, propoñemos á Feijóo que para a parte do burato correspondente ás axudas da Comunidade Económica Europea cos que polo visto contabamos e que non van chegar, se poña en contacto co Super Delegado de Ourense, recentemente sentenciado por fraude ó certificar inversións que nunca chegaron a se executar. Ou mesmo co Conselleiro de Política Territorial, que tamén é especialista en isto de asinar papeis onde se asegura que as obriñas subvencionadas están rematadas cando aínda non puxeron nin a primeira pedra. Total, como eles mesmos recoñeceron, foi por "non perder as subvencións". Isto é traballar polo país e o demáis son caralladas administrativas de señoritos de Audi.

Bueno, polo momento, posto que non son tan imaxinativos, xa están pensando en acabar con esa manía de endebedar ó estado a base de contratar médicos e esas cousas tan inútis, tendo unha sanidade privada á que acudir.

1 comentario:

ana pastor dijo...

Non esquezamos a cidade da cultura, eu mareome só de pensar nunha cultura tan cara, debe ser boa.