Estes primeiros días de novo goberno do Pp na Xunta de Galicia teñen sido unha decepción para todo o mundo. Tanto para os seus votantes como para o resto (que son maioría, por certo). O expresa moi ben Bragado no Fallo de Vigo. O máis chamante é o tema, como non, do galego nas aulas. Por unha banda están os que non lles parece do todo mal o que fai, como o periódico decano, que recolle ás minorías para chegar á conclusión de que este tema é moi difícil. Así o probe Feijóo non dá feito, claro. O caso é que colle a Galicia Bilíngüe, o representante dos centros concertados, os concertados relixiosos e dous representantes da educación pública a opinar. E chega á conclusión de que se non dan arranxado entre eles, ¿cómo o vai facer o goberno galego, claro?.
O caso é que esquece o redactor mencionar que os centros concertados e os relixiosos non chegan a recoller ó 30% do alumnado galego. Mentras que Galicia Bilíngüe considera un éxito facer unha manifestación con 4.000 persoas, entre as que están Corina Porro e Ignacio López-Cháves, ós quenes non se lles coñecen fillos en idade escolar. Unha opción sería facerlle caso ó 70% dos pais de alumnos, que non atopan problemas neste tema.
Outra opción escollen en La Voz de Galicia, que xunta á Gloria Lago (dientes, dientes, que es lo que les jode) e Carlos Callón, da mesa pola Normalización Lingüística, para falar do tema. Moito che cambiou o tema, que agora aceden a falar coa tola de Vigo. Alí queda claro que a Lago non atura que haia cinco centros en toda Galicia nos que os nenos falen so o galego, que prefiere que a lei non se cumpla, que os nenos felices son europeos e que o modelo educativo vasco parécelle axeitado para Galicia. Máis esclarecedor sí que é, sí.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario