miércoles, 20 de mayo de 2009

folga

Continúan as protestas do metal pola postura dos patróns ante a negociación do convenio. Concretamente, pola postura de estar de pe e de negarse a sentar. Agora resulta que o último que saben é que o dereito á folga é "chantaxe" sindical. O próximo será será escoitar que non todo o mundo está dacordo co tema do esclavismo e que hai que ser tolerantes en temas de relacións laborais. É ésta a reforma laboral que propón o Pp?


A Superdelegada e a Conselleira de Traballo non perden pulso á negociación:
-Non fagas caso, querida, que estabas divina o día da presentación, chica.


Por outro lado, o Hospital que Vigo necesita dende hai máis de dez anos segue estando pendente de que a nova Conselleira de Sanidade se entere de que non é ela que ten pagala construcción, se non que simplemente debe pagalas expropiacións, xa negociadas, e logo de construir xa se encargaría Política Territorial, igualiño que en tempos de Cuíña.


Os técnicos da Xunta xa están pensando os motivos do "burato"

1 comentario:

Ana Pastor dijo...

Muy bueno, muy bueno, me he reido mucho.Aunque yo huera respondido "en la nevera de Quintana".