La huelga del metal colapsa VigoFallo de Vigo, 04-05-2006
Trabajadores del naval colapsan la ciudad de Vigo en el tercer día de huelga indefinidaKaos en la red, 08-05-2007
Más 2.000 trabajadores del metal se manifiestan en Vigo para apoyar a sus compañeros imputadosSoitu, 06-11-2008
Hoxe dividíronse, exactamente igual que os anos anteriores, en varios grupos duns 200 traballadores por toda a cidade. A diferencia neste ano está en que os empresarios néganse a sentar na mesa de negociación, posto que saben que non vai haber sanción nin presións por parte da Administración competente (neste caso a Mini Delegada Molares) para que o fagan. Chámanlle "chantaxe" ó dereito constitucional da folga e so parecen reaccionar cando a policía carga contra algún dos grupos. Como todos os anos esperan a que os ánimos estean o suficentemente cargados para, polo menos, comenzar a negociar. Baste dicir que a estas alturas, o aumento salarial que solicitan os traballadores xa non compensa as horas de folga. E que non se pode asinar un convenio en plena crise conformándose cunha subida mísera para varios anos. Mentras tanto, no faltarán os que digan que a culpa de todo a teñen os traballadores. Os empresarios nunca saíran á rúa se non é cun gran desplegue mediático anterior. E este ano non hai nin a metade dos altercados que houbo os anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario