Como a pécora de Molares tivo a súa, a
Perly non ía ser menos. A tía cutre de Superdelegada non puxo pinchos, porque hai que ser austero, pero é que nin unha saliña contratou, ou unha carpa en Montero Ríos ou na Praza da Estrela, para que entrara toda a xente. Co seu micro, unha cruz galana, unha Biblia do Quiñones (ou era un exemplar de "
Morrer de Glamour"?), o traxe discreto e de bo gusto, un traxe de chaqueta, pero rosa, que se note que unha é feminina, e non unha machorra executiva como esas ministras socialistas, un estrado, floreciñas, o que corresponde a toda unha presidenta da autoridade portuaria, vamos.
E, por suposto,
toda a flor e nata, os banqueiros, os empresarios, un velliño co que bailou unha vez e unha rapaza con síndrome de Down, que se note que a cousa social non a esquece nin cando está no máis alto. Ademáis, agora que a cousa está fea e non vai poder remodelar o despacho, por algo terá que dala nota, e ¿qué mellor que enviando invitacións persoais a familiares, amigos e coñecidos que pintar, non pintaban nada, pero dan moita finura á cousa?
Pinchiños non houbo, pero o alcohol fixo estragos entre os menos acostumados
No hay comentarios:
Publicar un comentario