jueves, 21 de mayo de 2009

aqueles vellos tempos

Por unha parte, de paso que lle preguntan ós profesores pola calidade dos seus alumnos, poderían aproveitar por lle preguntar polos seus coñecementos en novas tecnoloxías, facerlles un test de cultura xeral ou, polo menos, cando leron o último libro. Seguro que os seus alumnos teñen pistas ó respecto, pero xa se sabe que os adolescentes valen para que lles follen, pero non para o que ven despois.

E por outra banda, ¿lembran vostedes o artículo da Voz de Galicia sobre "o socialismo de rostro amable que non chegou a Guixar" (sic)? Pois xa teñen a segunda parte. Sen dúbida o intrépido articulista descubriu que nesas casas sen beirarrúas nin parques nin comodidades vivían persoas normais e non as putas e os negros cos que contaba. Porque se non, non nos explicamos que se poida facer unha reportaxe sobre algo que sucede dende sempre. Sería algo así como facer unha reportaxe sobre os ionquis do casco vello, o bonito que é o Teatro García Barbón ou os descampados que hai entre Castelao e Florida. Bueno, esquecía que falamos de Vigo, unha cidade onde mesmo os periodistas non coñecen nin a Bouza.

1 comentario:

Ana Pastor dijo...

O artigo dos profesores non ten perdon de Deus. O que esta claro e que eles teñen a culpa se os pais eramos millores alumnos era porque eles tiñan máis gañas de traballar, eran máis xovenes e estaban máis motivados. ¿onde están as culpas do profesorado no fracaso escolar?.
Como é posible cunha facultade suspendan o 90% dos alumnos, en enxeñeria dase o caso, vale que a materia sexa dura pero ou o profesor non o entende ninguén o xuntanse alí todolos tontos.
Por favor, na mala educación temos culpa os pais, os avós, as familias pero os docentes tamén teñen a súa.
Por certo os meus fillos son mellores ca min.