martes, 19 de mayo de 2009

qué é unha campaña electoral

Hai un chiste que conta que un poilítico, ó morrer, vai ás portas do ceo onde lle din que pode escoller entre entrar alí ou quedar no inferno. Dinlle que vaia alí abaixo a botar unha ollada e logo volva a contar o que decida. O polítio mira ó ceo e ve varios anxeliños cantando, uns santos durmindo nunha nube e todo un pouco aburrido. Vai ata as portas do inferno e mira dentro e ve unha discoteca impresionante, con luces de cores, a xente leda bebendo e cantando e pasándoo moi ben. Así que sube ó ceo e di que quere quedar no inferno. Volve alí e atopa á mesma xente que antes o pasaba tan ben todos en caldeiros fervendo e sendo acosados por demos. Cando lle pregunta a un demo que é o que pasou, éste respóstalle "é que estabamos en campaña".

Algo así pasou en Galicia con Feijóo. Pareceunos que o bipartito era moi aburrido e traicioeiro, así que votamos a Feijóo porque prometeu que non ía segegar ós nenos, que ía acabar co decreto do galego e coa prohibición de construir na costa, que ía dar axudas concertadas para co estado central para a comprar dun coche, ...

Podiamos estar a favor ou en contra, o caso é o mesmo, porque non vai facer nada diso. Por non facer, nin vai comprar un coche vigués, tal e como dixo que faría nesta cidade. Feijóo é un tipo que coñece ben qué é a Xunta de Galicia.


"Pasou o día, pasou a romería"

1 comentario:

Ana Pastor dijo...

la imagen de las mejores, aunque el mérito no es tuyo, ese careto es perfecto para el traje y de cuernos mejor no hablar que el mundo está plagado de malas lenguas