martes, 26 de mayo de 2009

para quén traballa xunta?

Mentras o Ministerio de Vivenda sacou o plan de vivenda para o periodo 2009-2012 no mes de decembro e recentemente ten sacado unha ampliación do mesmo, na Xunta de Galicia esperaban a que pasaran as eleccións para sumarse ó convenio que permitiría ós galegos telas axudas correspondentes. O problema é que os plans non saíron como se esperaban, perderon as eleccións e os que as gañaron non teñen moita idea do qué facer. Ou iso, ou é que unicamente teñen o interesese de fastidiar ó goberno central, tal e como prometeron, sen importarlles o que se levaran por diante. Senón, non se entende que a estas alturas non tiveran preparado polo menos un proxecto de convenio de colaboración co Ministerio que non paralizara a concesión de axudas á compra de vivenda de precio protexido, porque das outras vivendas, das que compra quen pode, sí que o tiñan preparado e ben que o sacaron pronto.

¿E cómo disimular o seu desinterese polos polígonos de vivendas de precio protexido? Pois botando a culpa ós anteriores. Lástima que este argumento non sirva cando un se pregunta porqué mesmo paralizan a construcción do parque de Navia. Porque éste xa estaba comprometido e practicamente rematado. Esta actitude ven a revelar que non todas as políticas son iguais. En época de eleccións é común ver ós políticos emponzoñar o ambente coa idea de facer ver que a inoperancia é común na clase política e aquí, en Vigo, onte tivemos boa mostra diso. A conclusión diso é que quen se comporta así so quere que voten ós que non lles importa que os seus representantes sexan uns senvergoñas.

Máis ou menos como cando se di que o Ministerio de Xustiza non vai traer un Xulgado de Familia a Vigo cando hai so un par de meses recoñecíase no mesmo xornal que xa se creara un xulgado específico con esta misión (aínda que o seu nome non o sexa, posto que isto tería retrasado moito máis a súa creación). Aquí, en Galicia, queda ben claro para quén traballa a Xunta.

1 comentario:

Lasonrisadearturo dijo...

!Hola! Necesitamos tu ayuda
http://www.lasonrisadearturo.com/2009/05/iago-necesita-tu-voto.html
!Gracias!
Esther