E o mesmo coa promesa da rebaixa de impostos. Que estivo ben, vamos, pero non tanto como para cumplir. E qué dicir da "imposición do galego" e o seu "bilingüísmo harmónico"? Pois que de ser unha prioridade, pasa ó seguinte curso, que total os nenos poderán seguir sen libertade uns mesiños máis. Pois semella que nin iso vai ser posible. Que foíselle a man con Galicia Bilíngüe e a presencia da nova presidenta do porto vigués na manifestación correspondente. Mesmo xa a polémica da língua xa non é educativa nin social, senón puramente "política". Non sabemos moi ben a qué se referirá o novo Conselleiro de Cultura con iso.
Mentras tanto, os proxectos do anterior goberno pasan a mellor vida, algo así como a súa promesa de non destruir o feito ata o de agora. Os proxectos e estudos para a creación de centros tecnolóxicos ou os hospitais vigueses non valen xa para nada. Por se acaso dera a impresión de Feijóo prometeu ata meter e unha vez metido esqueceu o prometido, xa a mesma Perly lembra que se o porto que vai dirixir anda mal é culpa de que "la economía va mal, porque el puerto es un termómetro del entorno económico de la ciudad; no solo de la ciudad, sino de toda Galicia".
U-los discursos sobre as probes familias que morren de fame mentras Touriño conducía un Audi? Tiñan o mesmo gusto dos que dicían que en Galicia volveriamos a cear "castañas con leche"
Prometer ata meter ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario