Queixan os empresarios de hostelería polos resultados acadados ata o momento. E aproveitan e, por non variar, mesmo queixan porque a Cutty Shark trocara o nome polo de "Desafío Atlántico". Non hai dereito a ter un alcalde que non diga nada, joder, que así non hai quen levante cabeza.
A pesares da "avalancha" de turistas que nos traen os cruceiros, os datos seguen a ser malos. A ver se a Perly se estira e empeza a prohibirlles ós cruceristas que durman no barco, porque se non, pois que queden en Inglaterra, comendo puding.
Claro que se un acude ós datos de Instituto Galego de Estatística atopará que os datos respecto o ano pasado non son tan malos, e mesmo o gasto total en aloxamento aumentou este primeiro trimestre de 2009 respecto ó do 2008, do mesmo xeito que o gasto en restaurantes e en compras. O que sí disminuiu bastante foron os gastos de compra de paquetes turísticos. Esto é, aínda que o gasto xeral é o mesmo, a xente prefire organizarse eles mesmos as vacacións. De feito o que tamén disminuiron foron os gastos en "ocio", aínda que aumentaron os de compras. E en canto ós datos da provincia de Pontevedra, pois temos que o gasto por persoa e día aumentou seis euros. Se temos en conta que o IPC baixou este ano, pois non está mal en plena crise.
Coma sempre, os empresarios vigueses amosando a súas miserias morais disfrazadas de desgracias para a cidade. En lugar de plantexarse cómo promocionaron as axencias de viaxes os eventos turístios locais, ou de preocuparse das cafeterías, hoteis, pensións, restaurantes, bares, etc., preocúpanse unicamente da conta de resultados das axencias de viaxes, que non son, precisamente, pequenos empresarios nin autónomos apurados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario