Por unha banda, temos ó novo presidente da Xunta, que onde dixo que ía "pagar en xuño as axudas pendentes ás explotacións e anticipar os 70 millóns de euros procedentes da UE", agora di que "O Goberno galego nega que se estea a anticipar o pago único aos nosos agricultores e gandeiros". E para iste salto utiliza o fraude de soltar os cartos por medio de préstamos bancarios ós gandeiros. Se alguén ten que beneficiarse que sexan os bancos.
Iso é un pouco como cando di que a súa preocupación é a crise económica culpa do Audi de Touriño ou que quere acabar coa "imposición" do galego nas escolas. Pois nin unha nin outra. O primeiro, regalarlle cartos ós amigos que lle levaron á Presidencia por medio da creación dunha rede de centros cristianos antiabortistas. Sí, os mesmos que protestan polo feito de que os médicos lucenses utilicen a súa obxeción de conciencia para gañar cartos.
Aquí, na cidade de Vigo, pasa algo parecido. Vostedes dirán que a Superdelegada (que non superdelgada) Molares ía poñerse mans á obra co tema máis importante que ten entre mans, esto é, a mediación entre traballadores e empresarios do metal na negociación do convenio. Pois non. O seu é convencer ós empresarios de que se senten e nada máis. E xa pode marchar ás reunións cos bancos e constructores, que é para o que está, para darlles a razón.
Claro que ahí hay que darlle a razón, porque calquera se aclara. Os empresarios din que o tema que ten encalladas as negociacións é a duración do convenio, para acto seguido engadir que iso xa está solucionado, pero que na suba do salario so van ceder unhas décimas. Por certo, que respecto a duración do convenio que xa está solucionado según él, supón baixala vixencia do convenio, ó que oponse os traballadores.
¿Cómo están ustedes?
No hay comentarios:
Publicar un comentario