Dixo a boa de Molares o día da súa presentación á prensa que non se sentía "super" e todo o mundo tomouno como un sinal de modestia. ¡Qué boa rapaza, qué sinxela é!, cando deberan ter pensado ¡qué sinceira é este mozarrona! Porque de "súper" nada de nada. Alá foi a "Quinta Provincia", a "Área Metropolitana" e o "Viguísimo Feijoísta do século XXI" que nos pregoaron dende a prensa local.
Primeiro dixeron que Vigo ía ter competencias de todas as consellerías en 14 concellos, ía funcionar como unha provincia máis. E agora resulta que mellor non, que iso en Pontevedra non senta ben, como é lóxico. E particularmente non senta ben a Telmo Martín, o presidente do Pp pontevedrés, a non ser que un queira pensar que todo isto é culpa de Lores, o alcalde bloqueiro, cuia poderosa influencia sobre Feijóo descoñecíamos.
Unha vez vistas as unllas ó jato, decide recuar Feijóo e manda ó Telmo e a Louzán a explicar que nin quinta provincia nin ostias da china, que delegacionciña. Vamos, que un poderá ir xunto á Molares e decirlle, por exemplo, que necesita un permiso da consellería de Medio Ambiente. E ela dirá que sí, que ela saca o seu superpoder que consiste en pasarlle o petate ó delegado de Pontevedra, que ise sí, é superdelegado, porque total, por Pesca e Traballo non lle imos sacar mérito. E se un ven dun dos catorce famosos concellos, pois será distinto, ¿non? Pois tampouco, carallo, xa está ben de preguntar, que non lle imos dar á Molares un cargo como ó resto dos superpoderosos, non vaia ser que os utilice para renovalo vestuario e perdemos tema de conversación.
Por suposto, aínda quedará alguén que dirá que todo isto é culpa do Psoe e do Bng, que enganaron, por exemplo, á prensa viguesa, dicíndolles que efectivamente a Molares era Súper. E para iso nada mellor que montar un lío impresionante deixando falar a Telmo e a Louzán, logo levarlles a contraria e rematar dicindo o mesmo que eles ó día seguinte. En calquera caso, algo bo sacamos de todo isto: a Perly está no porto e non teremos que aturar a súa voz de gaivota saloucando a indignidade á que nos someten a todos os vigueses, mesmo ós que non saben que é a Xunta.
Agora será o turno dos viguistas, que falarán da influencia maligna de Pontevedra e a envexa que nos teñen por guapos e lustrosos, cando deberan falar da excepcional chapuza administrativa e política que montou Feijóo e Rueda, o seu conselleiro de cabeceira, que pretenderon quedar ben con todos, cando o único interés real que teñen é levarse ben cos caciques locais que conforman ese partido chamado Partido Popular.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Non estou de acordo. A Super sí se sinte Super porque ela mesma pensa que o é. Non coñezo persoa mais engreida, prepotente e desagradabel que ela, eche unha xoia, fai amigos ali por onde arrasa. teríamos que facerlle un club de fans. Todas as mañans vese ó espello é di: Deus, o teño todo. Son juapa, lista, simpática, deljada, e teño poderes...
Publicar un comentario