miércoles, 25 de marzo de 2009

vigo, cidade traballadora

Por se alguén lle quedaba algunha dúbida, Vigo é oficialmente unha cidade para traballadores. Por exemplo, eu pago de imposto de circulación 18 € ó ano. Non é unha gran cantidade, aínda que máis do que vale conducir por Vigo. O caso é que se eu fora, por exemplo, dono dun Citroen C6 como Feipijoo, tería que pagar case 10 veces máis. Evidentemente, o soldo de Feipijoo é máis de 10 veces superior ó meu.

Esta noticia, que en si mesmo non é relevante, merece no Fallo de Vigo unha desas redaccións que, a medida que se len, van creando a desagradable sensación de que son unha pérdida de tempo. En Coruña págase máis que en Vigo, co que xa ó 50% dos vigueses dalle igual a canto ascenda a cantidade final. Ademáis, os impostos subiron en novembro do ano pasado, co que a noticia non e tal. E por riba, a Asociación de Automovilistas Europeos critica á provincia de Pontevedra por consideralo un paraíso fiscal en canto á esta tasa. E algo de razón deberán ter cando o 35,5% dos coches galegos están aquí e pagamos exactamente o 35,5% dos impostos que se cobran en Galicia, sendo a segunda máis cara.

Claro que estas noticias non deberan de impresionarnos, posto que o feito de que a Xunta pretenda cobrar impostos atrasados, especialmente a aqueles que cando mercaron un piso tiveron o santo morro de non incluilos impostos correspondentes no prezo, tamén chama a atención dos responsables do periódico. Por riba o que lles chama a atención é precisamente a maioría dos embargos son dos caraduras que solicitaron unha hipoteca superior ó precio do piso, xa saben, a burbulla inmobiliaria, a xente que consume máis do que pode pagar e todas aquelas trouladas de antes da crise. Definitivamente, chegaron os tempos de Feipijoo: non cobrar un imposto ós votantes e pedirlle a Madrid que nos dea de comer.

No hay comentarios: