miércoles, 25 de marzo de 2009

un sabio

Domingo Bello Janeiro é un deses sabios que tanto saben de dereitos dos minusválidos, como de arrendadores como de descargas de música por internet, de matrimonios homosexuais como montes veciñais como de dereito civil galego. Dicían de el que era o delfín (golfiño) oculto de Fraga, cun currículum crecido á sombra do Pp. Tanto ten o tema, que o tío é un sabio de tomo e lomo, vamos. Con dicir que como director da Escola de Administracións Públicas daba conferencias sobre urbanismo no rural e sen perder nin o moreno nin a gomina.

Estes días ven de presentar un libro sobre reclamacións xudiciais a médicos por eses despistes que ás veces cometen e que costan minudencias como vidas dos usuarios. O xenio chegou á conclusión de que a culpa desto a teñen a maior protección xurídica das vítimas e o nivel de esixencia dos doentes, que por riba de ser atendidos por todo un señor médico en lugar de un veterinario, por riba se queixan se o galeno perde as gafas na barriga do operado.

O que non deixa de chamala atención é a diferencia dos titulares nos medios á hora de cubrila noticia:
Las quejas por daños médicos se multiplicaron por cuatro en 10 años
Fallo de Vigo, 25-03-2009

Bello Janeiro aboga por reclamar indemnización por daños y perjuicios por las listas de espera
La Voz de Galicia, 25-03-2009

Non saberá don Domingo que non é momento de propoñer que se poñan multas á Administración, que xa volveron os seus? Isto é peor que escoitar xusto antes de quedar durmido pola anestesia "Lucifer, acepta este sacrificio que te ofrendamos".

No hay comentarios: