miércoles, 4 de marzo de 2009

respecto ós resultados

O outro día deixei constancia de que o Pp a penas subira 3.216 votos, mentras que o Psoe e o Bng baixaran 117.730 votos. O que non me quedara claro e por iso non o mencionei, foi que o índice de participación chegara ó 70%.

Ú-los votos? A poboación galega votante subiu tanto en catro anos? Os partidos minoritarios acadaran tantos votos pero sen chegar ningún ó 5% necesario para acadar representación parlamentaria?

A resposta de alguén que sabe máis matemáticas ca min, ven polos votos en branco e os nulos, que, según me dixeron representantes institucionais (vamos, a xente do Concello que comunicou os votos de cada mesa), este ano foron máis que nunca. De feito podería acercarse a un 10% de votantes que se negaron a votar a Feijoó e non tiveron estómago para votar ó bipartito.

A lección democrática é histórica, preciosa, digna de Saramago. Galicia negouse a darlle o seu voto a ningures, e o Pp, como sempre, saiu beneficiado. Son esas cousas que so fai a esquerda.

E as consecuencias políticas tamén son claras: O Psoe mailo Bng deben recuperar ese voto desencantado, posto que, polo menos, lograron que os desencantados se achegaran ás mesas electorais, o que non é pouco.

No hay comentarios: