viernes, 27 de marzo de 2009

empresarios de vigo

Repito título porque realmente os mozos do selecto Club Financieiro de Vigo o merecen. Non chega con que agora pretendan retomar a antiga idea do Bng da división de Galicia en comarcas e desbotar os concellos, mesmo arrasando coas diputacións. Estes novos espabilados, para que non lles confundan con comunistas, lembran que o seu é propoñelo despido libre (desaparición do control administrativo dos EREs), controlar o dereito á folga e abaratalo despido e aprobalos convenios salariais de xeito unilateral. E para que non lles confundan con galeguistas, propoñen acabar co decreto de normalización do galego aprobado por Manuel Fraga, por xerar "unha tensión que ninguén pediu nin quiso".

Estas burradas serían propias de ignorantes na barra dun bar, e xustificables cando xa se levan copas de máis, pero soltalas por telas escritas nun papel e telas pensadas de antemán, non é so sinal de tendencias fascistas e ultraliberais, senón propias de ignorantes que realmente non saben o que din nin queren sabelo. E se pensa que me paso, ¿qué opina do feito de que todos estes empresarios xuntos non sexan capaces de pensar nada mellor que hai que rotular os carteis da Administración en castelán e galego? ¿É esto o mellor que se lles ocorre en medio dunha crise?

As veces semella que se Feipijoo ten tanta presa por se sentar en San Caetano, mesmo por riba da lei, é unicamente para que toda esta xente deixe de chamalos pedindo cousas, máis que por medo ó que poidan facer os conselleiros saíntes.

No hay comentarios: