miércoles, 4 de marzo de 2009

resultados en vigo

Por moito que o repita a prensa, o Pp so gañou 391 votos máis que nas municipais, logo o "efecto Perly" non é tal. Respecto ás anteriores autonómicas de 2005, con Fraga de cabeza de cartel, gañou 9.257.

O Psoe gañou respecto ás eleccións municipais do ano pasado 7.869 votos e perdeu respecto ás últimas eleccións autonómicas 4.887 votos.

O único partido que segue a perder votos é o Bng, que, tal e como ven sucedendo dende hai case dez anos négase a vela realidade: que o seu electorado está cada vez máis farto de tragar coa bola de que se o fai o Pp é malo, pero se o fan eles é galego.

No hay comentarios: