miércoles, 4 de marzo de 2009

o futuro de vigo

Chegados a este punto, cabe preguntarse qué vai pasar agora cos acordos asinados entre o Concello e a Xunta. ¿Racharánse unilateralmente? Por exemplo, respecto o futuro do Centro Tecnolóxico de Ciencias do Mar nas instalacións da ETEA. Vale que o Pp estea contra adicar todos os esforzos económicos no desenvolvemento científico de Galicia e prefira sacar algún cartiño para hoteis e vivendas con vistas á Ría de Vigo ou que non entenda que Zona Franca (Estado, Concello, Diputación, etc.) comprou os terrenos ó Ministerio de Defensa (Estado) e agora o Concello maila Xunta lle compran eses terrenos a Zona Franca. Mesmo o Bng prefire rachar o pacto de goberno (non era sacrosanto o respecto ás áreas de goberno?) co gallo dunha cochina piscina, á que lle dá máis valor que a un proxecto pioneiro no país. Piscina que, lembremos, nunca pertenceu ós vigueses, e que se non a queremos, podemos poñer unha estatua ó votante de Quintana nese sitio.

E falando do Bng, ¿qué pasará coa compra de vivendas no casco vello ou co avance da urbanización de vivendas de prezo protexido de Navia? ¿Seguirá Olveira paseando de cando en vez co casco posto xunto o futuro encargado da área?

¿E cos pagos pendentes do Auditorio? O Pp de Vigo leva dicindo que están en contra do proxecto actual unha boa tempada. É o que ten estar en contra de todo. ¿E a ampliación de Rande? ¿Seguirán a esixila? ¿Ou preferirán sacarlle ese marrón a Audasa? De momento, a súa ampliación xa desapareceu do resume que fai o Fallo das súas promesas. Resume que inclúe unha morea de túneis (catro, cinco, seis, ...) que supoñemos presentará Caballero xunto co conselleiro de turno. ¿Ou mandarán a Louzán que faga unha maqueta?

A resposta a estas preguntas e moitas outras as resposta Perly nunha das súas perlas intelectuais habituais:
No se trata de hacer castillos en el aire. (...) es la mejor política social que se puede hacer: que cada vigués y gallego se pueda realizar con un trabajo

No hay comentarios: