martes, 10 de marzo de 2009

feijismo

Nestes tempos de transición cara ó feijismo hai quen lle segue a poñelas cousas doadas ó futuro presidente, ben ó contrario do que fixo el mesmo cando formou parte doutro goberno en funcións. As súas prisas non lle impiden declarar que levará a cabo a mesma campaña de promoción do emprego que tanto criticou na campaña electoral e que pensa en retomalo pago por cruzar a ponte de Rande e, dende logo, que de ampliala nada de nada.

Mentras tanto, en Vigo, o bialcalde Caballero non é tan formal e non se corta en lembrar que moitos dos seus proxectos teñen a marca de Perly ben gravada. De pouco serve cando para a prensa unha comisión que non se reuníu nunca coa loira exalcaldesa, agora resulta que o actual "alcalde acepta ahora convocar por vez primera".

No hay comentarios: