martes, 17 de marzo de 2009

as contas claras

Soamente seis días despois de que os empresarios solicitasen ó futuro presidente da Xunta que rebaixe os seus pagos a carenta e cinco días, descubrimos que eles non pagan as súas facturas antes de cento trinta e dous.

Recoñezo que son máis de letras, pero esto debe ser un pouco como os cálculos do Fallo de Vigo respecto ós datos dos abortos realizados na sanidade pública viguesa. O que lles chama a atención é que case cen foran menores de 19 anos (16%) e seis (1%) menores de quince. O que non lles chama a atención é que o 57,5% da xente que solicita esta intervención en Vigo teña que marchar á sanidade privada polas listas de espera.

E xa no que non me meto nin de broma é en tentar saber por qué para o Fallo "El túnel de Beiramar copa más de la mitad de las multas por exceso de velocidad" mentras que para La Voz este túnel "concentra el 70% de los conductores «cazados» por el radar".

Meterse en cousas de datos e cifras pode chegar a marear e mesmo a prensa cando se trata de darlle carpetazo á cuestión do Audi de Touriño, que pasará á historia como a dunha mentira que gañou unhas eleccións, recopila datos respecto ós coches que usan os nosos representantes ou os cartos que gastan en mantelos.

O que non acabamos de entender é a cousa que lle ten entrado a Feijoó para controlar o voto do CERA, posto que foi gracias a este voto que pode maquillar os seus datos electorais, pasando de 3.000 votos máis que Fraga a 30.000.

No hay comentarios: