miércoles, 4 de marzo de 2009

empezamos ben

É o que ten a campaña, que un se lle quenta a boca e di unhas burradas que non se pensan. Que si porqué as vacas teñen nomes femininos, que si lles vamos a dar unha malleira, que si vou comprar un coche en Vigo.

E ó final resulta que so vai poder montar en frugoneta. Os coches que se fabrican en Vigo son o Berlingo, que non quedaría elegante nunha reunión con, pongamos, Ruíz Gallardón, e o Xsara Picasso, que para levar ós conselleiros ata o traballo non estaría mal, posto que é un monovolume. E home, un monovolume para un solteiro non deixa de ser un despilafrro deses que non lle gustan a Feijoó, a non ser que compre dous para todos os conselleiros, e nese caso pois non dicimos nada, claro. E logo está o Peugeot Partner, que tambén se fabrica en Vigo, pero non é Citroen e non chista tanto.

Tamén prometeu sacalo imposto de matriculación, ése que se paga co modelo 576 da Axencia Tributaria do goberno central ou reducir o coste da Seguridade Social dalgunhas empresas de Alvariño. A Seguridade Social que tampouco depende de el. E xa postos pois prometeu continuar co traballo feito en sanidade, educación e infraestructuras da cidade. Xa está ben de que os partidos pretendan facer crer que hai proxectos que dependen unicamente deles, posto que a construcción de hospitais, centros de saúde, colexios e garderías comenzan cun goberno e rematan con outro. O caso é mantelo ritmo administrativo e de matenemento, que farda menos e que é ó que estamos acostumados ata o de agora. E iso non foi suficente para mantelo goberno anterior.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Si tuviera un par de huevos (que no los tiene) Frijolito iría en un Picasso y causaría admiración y envidia. Pero es lo que tiene el PPopulismo, que nunca es coherente.

pablo gonzalez dijo...

ni es coherente criticar a touriño por despilfarro, y gastarse despues el dinero en un coche nuevo, con otro de paquete en el garage.