lunes, 2 de marzo de 2009

os resultados

A cousa non da para máis: o Pp, con 3.216 votos máis que nas eleccións anteriores, gañou con dous diputados máis. O Psoe perde 73.024 votos e o Bloque 44.706.

Así, ó bruto, e sen ser un analista, ocúrreseme que máis que gañar as eleccións o Pp, perdeunas o Psoe (13,14% dos votos perdidos) e o Bloque (14,33% dos seus votos no 2005 desapareceron). Hete aquí os desencantados. De feito, o Pp en Ourense perde 12.524 votos e en Lugo 9.426 (21.950 votos perdidos en total), mentras que en Pontevedra gaña 17.133 votos e en Coruña 8.033 (25.166 votos gañados en total).

Dos perdedores non vou dicir nada, que xa din o que penso no blog que mellores análises políticos fai (ademáis doutras cousas que non veñen ó caso)

Unicamente sinalar que en Vigo, Pontevedra, Vilagarcía ou Redondela repetiría o bipartito, mentras que noutros concellos das Rías Baixas como Baiona ou Nigrán ou Porriño gañaría o Pp. En xeral, Vigo e a súa comarca segue a ser un graneiro de votos do Psoe e do Bloque.

2 comentarios:

andresrguez dijo...

Sen embargo en Vigo notouse un baixón grande, polo que é un factor a ter en conta para as municipais coa irrupción dos UPyDeiros.

pablo gonzalez dijo...

estimado amigo, en las municipales el pp logró 66.559, es decir, 391 votos menos que en las actuales. La subida del pp no es espectacular. (fuente elecciones.mir.es)

El psoe logró 7.869 votos más en las autonómicas que en las municipales (44.398), subiendo algo más de un 3%.

El bng perdió 187 votos de las municipales aquí.

El partido que más ha subido en Vigo ha sido el psoe. Los votos de UpyD son votos del centro de vigo que salen de votantes del pp, por lo que me parece maravilloso que se le vote. El tirón de corina que tanto se publicita estos días en prensa es un bluff.

El bipartito se mantiene en las tres grandes ciudades de la provincia de pontevedra.

No sé donde ves el bajon grande de vigo. Si lo comparas con las elecciones autonomicas de 2005 sí se han perdido 4.887 votos, pero aquello no se repetirá hasta dentro de muchos años. Él Pp subió 9.257 y se puede decir lo mismo. El mejor PP no logra Vigo. A ver como venden los proximos años su actuacion respecto al casco vello, auditorio, ave, etea, navia, florida, etc. ¿Apoyarán que Caballero salga en las inauguraciones? ¿o paralizaran esos proyectos?