viernes, 27 de marzo de 2009

tensión

A cousa do metro que acaba de anunciala conselleira favorita deste blog, semella ser máis unha pulla ó bialcalde Caballero que outra cousa. O metro é unha desas cousas que todo alcalde ou conselleiro de obras ten que anunciar, someter a concurso ou o que sexa. Como mínimo, aparece en todolos programas electorais, para poder presentarse cun mínimo de caché. Olveira prometía pór un tranvía dende a praza de España ata Samil, por exemplo.

O caso é que os dous anos que veñen ata as eleccións locais van ser moi interesantes tanto para o actual bialcalde como para a Xunta de Perly. Por unha banda, o Caballero segue coa súa política de labrarse un camiño para ser cabeza de lista á Xunta, o que so pode garantir con esas obras que tanto lle gustan. Polo menos lle sacou o carallo de "obra emblemática" ou "de referencia" que tanto chirriaba. Se lle meten algo que non estea no seu plan ou que signifique gastar cartos no que non contara, o rexeita de inmediato.

Por outro, a Xunta de Perly. No caso de que lle fagan a marranada á probe Perly de deixala fóra e de ter que defender calquera actuación que lle presenten, non a deixan en bo lugar, o que pode ser a súa cova política. No caso de que algo lle den que poida compatibilizar co posto no concello (super-hiper-mega-guachi-delegada ou conselleira das súas coisiñas de nenos probes), as grandes macro-obras non van con ela, que é máis de flores e contacto directo coas marujas de Valadares. De feito xa empezan a ameazala con meter á Molares de sustituta, cousa pouco probable, a non ser que acceda a ir de putas co Figueroa e Louzán.

O caso é que en medio, os plans que non puideron saír por diferencias internas no Psoe están a ser sacadas nestas datas. De paso que lle deixas unha obra a medio facer ó que ven detrás, lle deixas un regaliño ó que queda. O metro non ten moito futuro, aínda que nesta época na que os constructores tanto sufren, suponse que deberan de alegrarse todos. Pero xa se sabe que os gobernos de dereitas prefiren facer políticas máis económicas nestes casos e promocionar o gasto para quen compre un coche.




Louzán e Figueroa teñen os seus propios medios de transporte.
Que aprenda a conselleira Caride.

2 comentarios:

Ana Pastor dijo...

más de uno optaria por el medio de la foto. El metro era fundamental para Vigo y ayudaría mucho a convertir esta ciudad en algo más humana.

pablo gonzalez dijo...

teniendo coche uno es mas libre y no depende de nadie para horarios y eso, digo ...