lunes, 22 de junio de 2009

cousas que chaman a atención

¿Lembran vostedes a famosa macroplanta que Pescanova empeñouse en construir en medio da Rede Natura? O anterior gobierno galego impediuno e Pescanova montouna en Portugal. Vamos, máis ou menos como fai o conselleiro de industria, que "externaliza os seus centros de producción" en Portugal, onde os externalizados portugueses cobran menos e son menos mirados en xeral con determinados temas.

O que non entendemos é porqué "A Xunta lamenta que Galicia perdera os 600 postos de traballo que xerará a maior planta de rodaballo do mundo inaugurada en Portugal". Postos a lamentar podería lamentar tamén os cartiños do conselleiro que quedan fóra de Galicia. Ou é que aquí xa non hai diferencia entre valor e producto?Ou será tamén Feijóo un "antiguo"?

¿Lembran vostedes ó representante do Pp vigués, ese prohome educado, xentil, comedido que sempre acerta cando fala? ¿Non? Non se preocupen, non o lembran porque tal non existe. O que sí hai é un animal que mesmo, tras amezar ós compañeiros de corporación, de insultar persoalmente a dignidade feminina das súas compañeiras, agora mesmo atrévese cos bancos, ós que acusa de non prestar cartos ós vigueses. Menos mal que non estivo na presentación de Moneo ningún representante de Caixa Galicia, porque senón despois das bombas dos radicais tocarían as dos furiosos cidadáns que non aturan ver tanta maldade xunta. Figueroa hai tempo que pasou a liña da kaleborroka para entrar de cabeza na kala burroka.

¿Cántos parados son aceptables para este tío para que se poidan recuperar as zonas degradadas da cidade? ¿Tres mil? ¿Cen? ¿Con so dous parados sería xa moralmente admisible presentar proxetos? Sobre todo éste, quizás o mellor e máis realizable dos presentados por Caballero. Cando mesmo Aznar chama demagogos ós que critican ós cartos prestados por Caja Madrid para a ficha de Cristiano Ronaldo, ¿qué calificativo merecería entón quen nega o papel de incentivador da economía que lle corresponde ás administracións en época de crise?

Por que o de perdoar os impostos ás grandes fortunas xa sabemos que lle parece ben, e así nos vai. A esto Feijóo chámalle austeridade. Outros proxetos son presentados que son igual de utiles e necesarios. Esta cidade está a medio facer cando non mal feita, neso está dacordo case todo o mundo. Habería moito que tirar e para a miña desgracia (que tiraría certas cousas sen máis), hai que presentar proxetos, estudos, sometelos a debate, a aprobación, pór de acordo moitos intereses, desfacelo todo e voltar a empezar. Iso é gobernar e construir cidade entre todos (incluído el, por desgracia). E todo isto custa cartos e tempo. O feito de que moitas boas ideas queden no camiño non significa que sexan irrealizables ou quiméricas. Non é comparable a "Colina Encantada" co metro de Vigo, por moito que moitos se empeñen niso ou que a incompetencia lles dea o mesmo destino. Cando hai interese en sacar adiante os macroproxetos, estos saen adiante.

Un último caso o temos no monte do Castro. Hai so un par de anos se alguén dixera que sería posible recuperar o xacemento arqueolóxico que se oculta nel, o chamarían tolo. As vivendas particulares, a carreteira que nos rouba a historia de Vigo eran escusas perfectas para manter intereses privados de privatización de espazos públicos. Hoxe, a intelixencia parece dicir que é posible rescatar o patrimonio común. O imposible está baixo os nosos pes e so temos que decidirnos a sacalo fora. E non esquezan que este proxeto de Moneo ben pode incluir unha actuación coa cruz do Castro (que acabaría, por exemplo na sé dos empresarios do metal en Teis) e a preceptiva actuación da Consellería de Cultura dende esta falda ata o Berbés.

No hay comentarios: