martes, 30 de junio de 2009

curiosidades

É vostede un deses tipos ós que lle gusta dicir de si mesmos que son de esquerdas, pero que sempre coincide co que pensan os de dereitas? Chámase vostede Carlos Príncipe?

Ve vostede o titular desta entrevista no contido da mesma? Traballa vostede no Atlántico Diario?

Ve vostede algunha referencia ás fontes nesta outra? Traballa vostede na Voz de Galicia?

Paseu vostede algunha vez por Alfonso XIII trala humanización feita pola Diputación en tempos de Corina? Atopa algunha diferencia respecto ás actuais?

Lembran vostede a que se armou cando se dixo que o anterior goberno da Xunta influiu para que o Xulgado de familia non chegara a Vigo? Pois di o actual conselleiro Rueda que é mentira que a Xunta poida influir neses temas.

Pensa vostede que unha manifestación de 4.000 persoas pode influir na axenda do Presidente da Xunta? Pois ou é vostede de Galicia Bilíngüe ou coñece ben ó suxeito.

Está vostede preocupado pola austeridade de Feijóo? Logo, ben podería militar mesmo no Pp e presidir o Consello Económico e Social.

No hay comentarios: