jueves, 4 de junio de 2009

como diciamos onte

O Figueroa está que se sae. Nunca tal vira. Agora resulta que se traballas e montas unha rolda de prensa (ou mandas organizala e que te busquen o contido), resulta que gañas máis protagonismo que cando te pos a berrar nos plenos do Concello cando a prensa está diante (porque cando non está o tío bota unhas sestas que nin na clase de matemáticas). E mesmo a rolda de prensa permite que non se fale das intencións da nova Xunta de deixar a Vigo sen depuradora por non querer pagar 400.000 euros dos 5.000.000 millóns que deixou o anterior goberno para iso. Ou de non construir o hospital vigués que antes das eleccións dicía que non se podía aplazar nin un día máis. Ou de que non queren pechalo convenio para a Cidade do Mar que facilitaría a adquisición de terreos industriais para a Zona Franca.

Sempre haberá quen lle dea razón, por exemplo sumándose á conspiranoia da factura de Moneo que sabe ben el onde está, pero que non vai dicir nin onde nin como o sabe, por moita intervención municipal que lle leve a contraria.

1 comentario:

Ana Pastor dijo...

Quien le diera tener ese cuerpo. Si alguna vez se pone así en un pleno gana por mayoria. Todo el mundo huiria.