jueves, 11 de junio de 2009

la farjas

É curioso que mentras que a prensa local sempre aludía á procedencia coruñesa do anterior conselleiro de Xustiza para tentar de explicar a non implantación de novos xulgados en Vigo, non faga o mesmo á hora de explicar a teima de Farjas (anterior concelleira en A Coruña) en negarlle o hospital a Vigo. Hoxe mesmo fan acopio dos argumentos da actual conselleira de Sanidade sobre a suposta intención do anterior goberno galego de financiar a construcción deste hospital con cartos privados.

Lonxe de pretender negalos, lembramos que eses cartos privados estarían controlados por un organismo público (a Sociedade Pública de Investimentos) e que suporía a inversión privada o control sobre a xestión non hospitalaria. Esto é, que en lugar de ter que realizar un concurso público para, por exemplo arranxar o aire acondicionado, podería esixírselle a esta empresa privada que o arranxara directamente, posto que cobra por isto. Este modelo de xestión non é o mesmo que cederlle a xestión da contratación de médicos, enfermeiros, etc., que logo pagarían os galegos. Ou a mercaduría de maquinaria ou a inversión en investigación de enfermidades non comúns que tan poucos cartos deixan.

Os argumentos de Farjas non son máis que fume para ocultar o feito de que os cartos para comenzala construcción do hospital están presupuestados. De que o traballo para realizalas expropiacións necesarias para iso están executados. E que a Xunta non empezaría a pagar a construcción ata o ano 2011. Xa de que logo critique a Caballero por ter asumido un convenio que asinou Corina Porro e que mesmo presumía da eficacia da súa xestión por telo feito por medio dun fax, mellor non dicir nada. Como dicía a mesma Corina "Lo que no puede ser es que cada vez que cambia un gobierno se cambie el proyecto del hospital".

É o que ten estar no goberno ou na oposición, que se piden cousas e logo non son quenes de levalas a cabo. Por exemplo, obrigar ó alcalde a asumir o mandato do pleno do Concello de Vigo de solicitar o interese supramunicipal para a Cidade da Xustiza pode significar que o alcalde tome en serio o pleno, como é a súa obriga. Agora os mesmos que lle obrigaron a iso en Vigo, o negan en Santiago.


Farjas: ¿Quién firmó el convenio del hospital de Vigo? ¿Quién se va a poner esta soperita de sombrero?
Porro: Ay, la gorda, que por lo menos se vaya el fotógrafo

No hay comentarios: