miércoles, 3 de junio de 2009

a oposición

A un pode gustarlle máis ou menos o bialcalde vigués do lado do Psoe. De feito, hai que recoñecer que o tío dá un pouco de grima. Alguén tan sobrado, tan dado de si, que fala cunha seguridade insultante dos seus logros e dos seus proxetos no pode máis que crear certa desconfianza. Debe ser así por ter pasado tanto tempo en Madrid. Os de aquí son máis como Orozco, coa súa mirada lánguida, a súa voceciña rouca. Ou como Bugallo, que parece un caseiro máis de piso de estudante compostelano. Iso é o que da confianza, ser "do pobo", vamos. Os líderes do Psoe galego son todos así, moi "do pobo", se é que por tal se entende xente que non sabe nin expresarse nin falar nin en público nin en privado nin ter unha idea clara do que pretenden facer co seu cargo máis alá de facer a pelota ó xefe do seu clan. Pachi Vázquez, Varela ou Méndez Romeu son fulanos máis taberneiros que un carajillo. O Touriño era un tipo que, polo menos, tiña certa idea do que facer: levarse ben con Pepe Blanco dicíndolle que sí a todo e ir facendo polo baixo. Ante este panorama o Caballero debeu pensar que o seu estaba feito, que o seu único rival no partido ía ser o Touriño. Pero o Touriño foi tan comedido que mesmo acabou perdendo as eleccións ante o furacán opusdeista de Feijóo, que a única tradición que respecta é o Apóstolo.

A situación cambioulle a Caballero, sen a axuda económica da Xunta. De ser un alcalde que o tiña todo de cara e que podía escoller ós amigos, agora resulta que é o alcalde dunha aldea de cabreados chea de inimigos. Igual que os seus antecesores dende Soto. O seu poder omnímodo acabou. As asociacións de veciños, a de empresarios, a Cámara de Comercio, o porto, o Instituto de Estudos Vigueses, o Consello Económico e Social, a prensa local, os sindicatos, todos miden a súa influencia social polo número de veces que lle tocan os huevos ó Concello, esté quen esté de alcalde (ou alcaldesa). E menos mal que o Celta está en segunda e a piques de quebrar.

O caso é que o acoso e derribo xa comenzou. Semella que Figueroa ten pensado facer os deberes, agora que hai quen lle controle e non se vai con el de putas. A súas anunciadas roldas de prensa mantéñense, dá igual con qué tema, aínda que sexa un manoseado e que a sociedade estea xa aburrida de escoitar sempre o mesmo rollo. Todo o mundo sabe porqué os constructores non constrúen nesta cidade. Non será por falta de solo, que levan acumulando dende hai anos. Nin pola lentitude dos trámites, que en Vigo son tan lentos como no resto de concellos de igual tamaño (diferente é se os comparamos cos de Mos, por exemplo). Basicamente é porque os constructores esperan mellores tempos para o negocio, e contan con eles dentro de dous anos. ¿Por qué construir agora co mercado á baixa cando sabes que dentro de dous anos a crise terá pasado o seu peor momento e pode que teñan un alcalde que modifique o plan xeral de urbanismo á carta? Escalofriante a sangue fría de Figueroa, por certo, que acusa ó alcalde de non realizar vivendas de prezo protexido cando Feijóo ten anunciado que se acabou a súa construcción en Galicia, mesmo negándose a asinalo convenio co Ministerio de Vivenda e paralizando as axudas ós futuros compradores, que a día de hoxe non teñen dereito a ningunha por esta causa?

Pola outra banda, os tempos son chegados para o Pp, que ten de cara en Galicia á administración, a Diputación, os seus afiliados (empresarios), o Porto e mesmo a asociación de veciños, que se empeña en repetilo discurso textual de Feijóo. A recente baixada do paro en Galicia e en Vigo durante a crise case non apareceu estes días, máis que no feisbuk de Caballero. A futura xestión privada do terceiro hospital vigués non é noticia máis que na Voz de Galicia, por non mencionar a desaparición dos proxectos futuros da cidade como a Cidade do Mar ou a depuradora (xa veremos os pagos do Auditorio). Xa dalgúns como o carril bici non ten sentido ningún, cando todos os concellos implicados están dacordo na súa execución orixinal. O escándalo do novo "asesor" do conselleiro vigués Guerra pasou desapercibido totalmente.

A fin de contas Caballero non fai máis que pagala súa soberbia anterior, cando todo viña de popa. Patadas como a de Touriño co tema do Ave ou o incomprensible silencio de Romeu no tema do Xulgado de Familia son respostas dos que xa non se xogan nada contra os que lles fixeron cantas putadas estiveron na súa man. Caballero xogou a selo "home de Madrid", o "tapado" de Pepe Blanco, posto para controlar o partido na súa parte máis quente (Vigo). Dentro de dous anos ten a súa proba de fogo, coas eleccións locais. Un bo resultado daralle o respaldo necesario para postularse máis alá de Porriño e librarse dunha condena de dous anos máis baixo o acoso do Pp, mentras que unha derrota afundirá as súas expectativas. ¿Alguén imaxina unha cidade con López-Chaves de alcalde e Caballero na oposición? A súa batalla comenzou hai anos, basta con que se dea conta.

No hay comentarios: