jueves, 11 de junio de 2009

el guerra

Saltou onte o conselleiro Guerra, o de Industria, para defender que a producción e distribución das súas camisolas se faga en Portugal. Eu, que son bastante ignorante, non podo evitar ter unha estraña sensación pensando que este señor teña unha empresa privada e, ó mesmo tempo, lle teña que conceder subvencións a outras que son competencia da súa. Ou que reciba información sobre os plans de investimento futuro destas empresas. Ou que os intereses privados de estas empresas da competencia e os da súa poidan chocar.

Tamén dame certa inquedanza que o conselleiro Guerra teña como asesor persoal con soldo público a un estudante de Deretito cuio único mérito (¿¿??) sexa ter postos nas xuventudes do Partido Popular. Pero supoño que estas inquedanzas serán porque son un ignorante e un antigo que nunca poría unha camisola de "El Niño", a marca do señor conselleiro. Realmente non son quen de diferenciar entre "valor" e "producto", como fai el. Para mín valor foi sempre a ausencia de medo, así de parvo son. E supoño que os traballadores galegos poden restarlle "valor" ó seu producto, tal e como afirmou onte o señor conselleiro. Moito máis "valor" lle dan os portugueses, claro, que teñen menos medo de traballar por menos cartos. Ou máis valentes deben de selos de Lanzarote, ós que lles subvenciona as regatas. O que xa non se entende é a capacidade de emporcallala vida política que teñen algúns con tal de defendelo, porque se algunha irregularidade cometeu o anterior goberno, o lóxico sería denuncialo, e non vivir a costa do "e tí máis".

Un antigo e un ignorante é o que son, sí señor. Ó mellor por iso non teño nin o seu éxito empresarial nin político.

1 comentario:

Ana Pastor dijo...

O estudante de dereito é o modelo da camiseta?