viernes, 5 de junio de 2009

a violencia na folga do metal

"Vigo ardió. Vigo tembló de miedo. Vigo quedó destrozado". Así de comedido empeza o artigo do Atlántico Diario sobre a xornada de onte. Polo menos recoñecen que o señor que tivo que ir a un hospital polo conflicto, foi a causa dun pelotazo de goma da policía. O resto, un resume de culpas e víctimas. O que non teño tan claro é o tema da violencia. Evidentemente a ninguén lle gusta que un fulano de metro oitenta e cen quilos de peso lle suxira que abandone o seu posto de traballo, tire un contenedor do lixo ou se poña un pano na cara e tire parafusos contra todo o que se move.

Pero a parte do evidente, que a ningures, e ese ningures abrangue ós traballadores, lle gustan os pifostios coma os de onte, poderiamos preguntarnos se é lícito ir a traballar colocado para aturar as xornadas laborais de catorce horas pero non colocarse para ir a unha manifestación. Ou se a violencia non xurdirá duns empresarios que todalas semáns insisten en anular os avances acadados na negociación colectiva, tirando polo chan as esperanzas de milleiros de persoas que rara vez pasan menos de dez horas ó día traballando. E supoño que non serve de argumento dicir que eu tamén paso isas horas e máis, e non ando a romper nada. Se non fago nada é porque non teño uns compañeiros que me apoien nas miñas reivindicacións.

Tampouco considerarase violencia o feito de que haia empresarios que digan que a policía debe ter máis contundencia nas súas actuacións, cando mesmo o Abc recoñece que a súa actuación foi claramente desproporcionada. Por non mencionar ó mesmo Colexio de Xornalistas de Galicia, que tras sufrir unha clara agresión intencionada dos traballadores non poden por menos de recoñecer a mesma brutalidade policial.

Dos vintepico feridos de onte, vinte foron traballadores. Por certo, que o mércores a quen lle deron foi ó representante de CC.OO. e onte ó da C.I.G. Se eu fose o da U.X.T. non asistía á proxima manifestación. E respecto ós datos, pois hai 11 contenedores queimados onte e 4 anteonte, a parte dianteira dun autobús tamén queimado. O mobiliario urbán deteriorado son na súa maior parte os valados das obras.

Mentras tanto, o empresariado di claramente que a Xustiza deberá de deter ós representantes sindicais, e estima as súas pérdas en 15 millóns de euros, o que supón uns 650 euros por traballador (hai na provincia de Pontevedra uns 23.000 traballadores). E aínda hai quen di que tanta folga non lles compensa ós traballadores e que se fai so porque estes son tan estúpidos que se deixan manipular polos sindicatos, ou, o que é peor, que estes funcionan como unha mafia. Pero entenden perfectamente que os empresarios prefiran perder eses cartos na folga antes que nun convenio.

Por outra parte, quen debera pór paz neste cristo di hoxe que "cando existe unha convocatoria de folga xa non hai máis que dicir". Supoñemos que esta teoría que comparten cunha das partes, de que o uso dun dereito é incompatible coa negociación, será un desliz da conselleira. Porque xa do que opina a delegada non esperamos hai tempo, que bastante ten con que se lle acumule o chollo de mitin en mitin.

2 comentarios:

Ana Pastor dijo...

Os empresarios nunca perden nada, cando os traballadores volten o traballo, de seguro que lle pagan os 650 euros por cabeza máis os intereses.

dulaman dijo...

Los empresarios están envalentonados porque saben que tienen a la Xunta de su parte y no sólo no van a ceder un milímetro, sino que cada día irán adelantando un poco más sus posiciones iniciales. Los trabajadores este año no tienen nada que hacer.

Pero, ¿sabes? No me dan ninguna pena. La gran mayoría de esos que ahora se están manifestando o no fue a votar el día de las elecciones, o fue a votar por el PP porque "lo del Audi" era un escándalo que ellos no podían consentir.

Al final en este juego cada uno se lleva lo que se merece.