martes, 16 de junio de 2009

austeridade e chuminadas

A cona da austeridade está moi ben. Non hai que gastar en chuminadas cando hai outras necesidades máis urxentes. Porque iso é a austeridade e estamos todos de acordo. Por exemplo, cando estes días aparecían en distintos medios os cartos gastados nos últimos anos en proxectos non realizados en Galicia, pode parecer que iso son chuminadas. Pero claro, se alguén decide realizar un metro en Vigo ou A Coruña, pois xa ten parte do traballo feito, xa non sería unha chuminada. A ver se me explico. Eses estudos son unha chuminada porque non se levaron a cabo. Porque a persoa responsable de realizalos decidiu que eran moi complexos ou moi caros ou que non valían a pena ou que el non sabería facelos realidade.

E así, outro exemplo: o hospital vigués de 1.400 camas, ¿é unha chuminada?. Pois se non se realiza, sí que o é. Quedará nunha idea da que finalmente so se realizará un hopitaliño de xestión privada de 400 camas que non lle faga competencia a Povisa. E ós que soñamos un día en ter unha asistencia sanitaria digna en Vigo nos chamarán "románticos" e "ilusos". Ou os que soñamos en ter unha Ría de Vigo limpa. Hai catro anos non existía nin sequera a intención de saneala. Pasaron catro anos e agora existe un proxecto integral que inclúe a construcción dunha depuradora. Estes catro anos foron de chuminadas? Pois o mesmo. Se non se levan a cabo, sí. Os proxectos de progreso e de avance social van quedar en chuminadas, en lambetadas que nos trocan agora por grelos austeros.

De feito mesmo os propios proxectos de Feijóo quedan en chuminadas en aras da austeridade. A suposta libertade lingüística que tanto lle axudou a gañalas eleccións ten que esperar porque hai que ser austeros en non gastar cartos de máis en educación nesa suposta libertade. Tampouco en sanidade, que iso son caralladas e un traballador coxo traballa igual que outro san. E un rapaz sen cultura dá o mesmo resultado que outro inculto. Resultado económico, refírome, porque todo estos son "gastos", non inversións de futuro. Eses mesmos cidadáns que se beneficiarían desas chuminadas son os mesmos que as pagan. Porque os empresarios xa se sabe que cantos menos impostos paguen, mellor para todos os demáis (¿¿??). Nin hai que gastar no medio ambiente nin en carrís bici nin en investigación. Todo eso son chuminadas sen futuro para a nova Xunta, que decide recortalos porque son prescindibles. E recortándoos convérteos en chuminadas.

Feijoo, o pagador de favores.

Para Feijoo, o software libre chámase… Microsoft!

La Xunta estima «inasumible» para sus arcas el coste de la depuradora

Feijóo y amigos

Los programas culturales peligran en la nueva TVG de Feijóo

El peatón gana espacio a los taxis en Times Square

No hay comentarios: