viernes, 24 de abril de 2009

aqueles tempos

Lembran aqueles bos vellos tempos cando Euxenio Eiroa falaba na Radio Vigo? Qué tempos! Qué imparcialidade, qué obxectividade! Cánta profesionalidade nun so home. Actualmente o Eiroa anda metido nun blogue que, co patrocinio de Louzán, chámase "magazine". Alí traballa publicitando as actuacións da Deputación, en xusta correspondencia coa publicidade que ésta lle paga ó periodista. Sen disimulos, como marcan as normas do bo facer periodístico. Co motivo do 75 aniversario de Radio Vigo un colaborador tivo a ben colgar a foto que acompaña este post. Deixoa porque eu escoitaba a estes señores e teño o meu corazonciño. Podre, pero o teño.

Eran aqueles tempos en que Manuel Pérez, alcalde de Vigo pertencente ó Partido Popular, asinou un convenio cunha empresa privada para calificar o chan do colexio Cluny en edificable, de costas ó pleno do Concello, que é quen goberna na cidade, e non o alcalde. Dígoo, porque parece que o Pp local gústalle xogar ó despiste, e tenta unha vez máis mentir descaradamente respecto ás súas actuacións pasadas. Eles asinaron o convenio e defendéronno. Euxenio Eiroa dixo na radio que o edificio non valía a pena e ben podía tirarse, que gañaba a cidade cun centro comercial nesa esquiña en lugar dun edificio vello e feo.

Ante persoas así, ben faría o actual alcalde de Vigo de alonxarse o máis posible. Esta xente so fai cousas cando os demáis perden. Nin sequera lles interesa gañar eles: bástalles ver ó inimigo caído.



Euxenio Eiroa tentando borrar coa man as faltas de ortografía do ordenador,
mentras o resto da redacción fai como que non quere saber nada.

1 comentario:

pablo gonzalez dijo...

e que lle saiu ben ata que se pasou e o mandaron a casa pola de atrás