miércoles, 29 de abril de 2009

la huelga de basura en vigo

Levaba A Voz de Galicia anunciándoo con moitas ganas dende dúas semanas atrás. Mesmo o cálculo estaba feito e non había día que non o repetira: 350 toneladas de basura diarias. Hoxe é o segundo día e xa son 700 toneladas repartidas pola cidade. Respecto á folga, tan anunciada, tan recoñecida como inevitable, compre lembrar que a empresa que pretende baixar o soldo un 7% ós traballadores tras un ano de ganancias é FCC, que non levou nin unha soa das obras que estes días están a se realizar pola cidade.

Compre lembrar igualmente que o Pp ven de se queixar de que ningunha das empresas benefciadas se comprometera a realizar unha xestión adecuada dos residuos, a pesares de ter estado na mesa que realizou o pliego de contratación. Do mesmo xeito, os veciños que se queixan das obras e que pretenden que se lles perdoen impostos, non van pagar máis unha vez terminen as obras e se beneficien do resultado, conquerido cos impostos de todos. Curioso que esixan tanta legalidade na Administración cando propoñen unha irregularidade como é a exención de tasas municipais.

Do mesmo xeito, lembremos que as pretensións empresariais pasan por considerar que, posto que o IPC baixou, este ano os soldos deberan facelo igualmente. Parecida actitude teñen os empresarios do metal, que se negan a negociar un convenio que os traballadores levan meses anunciando. O flamante superdelegado de Traballo ou Secretario Xeral de Traballo ou quen cona sexa o responsable de mediar neste conflicto non aparece por ningures (antes era o delegado da Consellería de Traballo, pero este posto foi suprimido polo novo presidente. Semella que a tan cacareada rebaixa de altos cargos de Feijoó non vai traer so beneficios).

En definitiva, que a campaña sucia xa empezou en Vigo. Crear caos por medio de folgas forzadas ó non querer negociar, mentras que os medios fan notar a responsabilidae do Concello (que a ten, non sei porqué carallo non informan de qué tipo de contrato teñen asinado con FCC) e calan a ausencia da Xunta ata que os traballadores non lles quede outra que sair á rúa.

1 comentario:

Anónimo dijo...

http://markonzo.edu Thank you, ashley furniture price [url=http://jguru.com/guru/viewbio.jsp?EID=1536072]ashley furniture price[/url], 957, allegiant air verdict [url=http://jguru.com/guru/viewbio.jsp?EID=1536075]allegiant air verdict[/url], bhcuqne, pressure washers info [url=http://jguru.com/guru/viewbio.jsp?EID=1536078]pressure washers info[/url], egdii, dishnetwork blog [url=http://jguru.com/guru/viewbio.jsp?EID=1536080]dishnetwork blog[/url], pvmun, adt security preview [url=http://jguru.com/guru/viewbio.jsp?EID=1536076]adt security preview[/url], litck,