Dixo Touriño que con Pepe Blanco no Ministerio de Fomento habería tramos do AVE que sairían dos caixóns. A xente tomouno fatal, dando por feito que o probe Touriño tiña razón, porque a Magdalena Álvarez era máis mala que a Patiño e máis rancorosa que Margarita Seisdedos. Agora resulta que a exministra unicamente estaba cambiando algúns tramos da planificación que deixou o Álvarez Cascos, que nos deixaban sin conexión a Madrid por tren ata que terminasen as obras, ademáis de planificar un AVE cunhas curvas que nin as de Tameiga.
Como esto siga así acabaremos enterándonos de que a reducción de altos cargos do Feijoo, ademáis de alonxala administración dos cidadáns, vainos deixar sen ninguén que mire pola calidade da vivenda, do desenvolvemento sostible, da promoción científica, das infraestructuras agrarias, ou a promoción industrial. A verdade, se fose certo, e o seu plan consiste en pedirlle cartos ó goberno central, pois non vemos a cousa esa dos mellores. Será interesante comprobar se realmente quere baixar os custes da administración ou é so demagoxia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario