martes, 14 de abril de 2009

la nueva biblioteca pública

Montar unha biblioteca pública en Vigo e un pouco unha cousa así. Un aínda lembra as queixas da cidadanía cando se inauguraron os museos Verbum e o do Mar, solicitando máis axudas para o Celta, que a fin de contas ós museos so ían uns cantos e o fútbol era un beneficio para toda unha cidade. Supoño que serían os mesmos que din que o galego non serve más alá de Galicia.

Ven a conta o chollo porque o alcalde ven de anunciar que pensou na Universidade Popular para montala biblioteca que ven asignada nos presupostos estatais para a cidade. A Universidade Popular é unha cousa moi de Vigo: un centro educativo que non imparte títulos válidos porque un cacique bondadoso decidiu que as mulleres e os pobres tiñan que aprender algo. Estivo ben nos anos 20, pero actualmente non ten moito sentido. E conste que son o primeiro en recoñecer o mérito en que se imparten esas clases e o inmenso valor de que se impartan coñecementos que non se dan en practicamente ningún outro lugar. Pero actualmente, continuar respectando o punto de vista dun señor que morreu antes da guerra, pois home, sí, si riquiño era o García Barbón, non digo non, pero a estatua xa a ten, o Caballero xa sacou os renos de herba que lle metera Perly na súa rotonda, e o seu nome está posto á rúa principal da cidade. En Carballiño non lle fixeron tanto.

Que os herdeiros do tal señor, por certo mezclados coa familia doutro señor que protagonizou a anécdota máis repetida dos paseadores vigueses (entrando no casino cunha pistola na man e sangue na camisa: "hoxe veño con sangue roxa no peito"), pretendan recuperar o edificio baseándose en que as obras de reparación tardan moito en finalizar, que os estudos non lles gustan ou que non son específicos para mulleres e "desfavorecidos" non deberan paralizar nin medio segundo o desenvolvemento dunha infraestructura necesaria na cidade.

Hoxe na prensa de Vigo, seguindo a tradición de tontuna, o Atlántico utiliza argumentos de chourizo en contra da ubicación e o Fallo argumentos de aceituna.

2 comentarios:

andresrguez dijo...

Se digo a verdade, paréceme ben o traslado xa que dende logo o proxecto de Moneo serían moitos cartos tirados, aínda que a escola de artes de oficios ten un edificio anexo, en parte quédaseme pequeno; xa que recordemos que en Vigo o que non abondan son precisamente bibliotecas


A idea da biblioteca na panificadora, como se quería fai tempo, estaría xenial, aínda que seguramente costaría moito a súa reforma

pablo gonzalez dijo...

o da panificadora sería o mías sensato e en canto o da universidade popular, pois mentras non toquen demasiado o interior. E teño entendido que faría falta, porque as instalacións non son moi novas, polo que sería un risco permitir a algún xenio meterlle man no asunto.