martes, 7 de abril de 2009

citroen

Hai uns días, co motivo do cambio de Director Todopoderoso ou Mandamáis Ultraforte ou algo así na central francesa dos que nos dan de comer, viñeron uns europeos a mirar cómo traballábamos. Se como dicía o anterior Superxefe ou saíamos a fumar cando non miraba. O caso é que todo o mundo esperaba que dixera algo así como que o Goberno de España é malísimo por non lle dar o 100% do solicitado para sacar os novos proxectos empresariais ou que iamos ir todos á rúa, e os que non traballan na Citroen os primeiros, por vagos.

E nin unha nin outra. Nin se esperaba que o Estado español pagara a cantidade de millóns pedidos (é o que teñen os europeos, que respectan moito ós Estados que lles dan de comer) nin vai haber despidos por moito que o anuncien no Fallo de Vigo. Ganas de joder é o que teñen os estranxeiros de fóra, que parece que non se enteran de que as cousas cun par de currantes na puta calle se miran mellor, como máis a gusto.

A pesar de que o Estado non lle pague todo o que pediron (sería a primeira vez que algo parecido sucedera) a dirección central de Citroen realizará os seus plans, posto que o Estado pode axudar, pero nunca asumir o risco empresarial. E ademáis, mentras a competitividade da planta continúe, non vai despedir a ningures, que xa bastante pouco paga e por riba coa merda de contratos que fai non o necesita.

As eleccións pasaron e xa non hai porque asustar ós votantes.

No hay comentarios: