viernes, 24 de abril de 2009

aprender a ser bueno

Mal empeza o novo conselleiro de Educación. Ademáis de ter que soportar que lle vaian dicindo por ahí que é homosexual, di que non se aprende a ser bo nunha asignatura. Alá foi a asignatura de relixión, a elección de profesores por parte dos obispados e a educación en valores. E todo esto sen que a recén chegada, a asignatura de Educación para a Cidadanía teña a penas comenzado a andar. Vanlle botar as culpas ó último en chegar, co a gusto que estabamos todos co educados que están os rapaces.

Claro que a ver como conxuga o postulado da dificultade de aprender en galego que promulga Galicia Pilingüe coa visión que ten a inmensa maioría dos pais de alumnos respecto á falta de esixencia que teñen os rapaces na escola.

Por outra parte, o maior reto que vai ter o Pp na cidade vai máis por ver cómo xustifica a presencia dunha presidenta do porto por dous anos cando a ninguén lle parece ben. Bo, co "y tú más" habitual, supoñemos. E, sobre todo cando todo o mundo está dacordo coa boa xestión do anterior presidente. Bo, todo o mundo non, todo o mundo menos Figueroa, que segue empeñado en levarlle a contraria ós mesmos empresarios ós que di defender.


Nin a de Marlon Brandon nin a de Bruce Willis.
Para camiseta, a de Figueroa.


Sempre lle quedarán as "comisións de afectados" das obras que menos tempo van durar na cidade (teñen que estar rematadas este ano se queren cobrar). Ó tempo que piden máis orden nas obras esixen que se poida aparcar en dobre fila ou enriba da beirarrúa ou en carga e descarga. A esto lle chaman "libertade de movementos" en Vigo. Ou "emprendedores do tráfico" ou algo así. Alá foi a crise como causa dos nosos males. Agora son as obras que dan traballo a moitos vigueses a culpa da mala educación dos conductores vigueses.



Este foi deixar un paquetiño e tomar un café e levoulle a grúa o coche.
U-las liberdades individuais? U-la democracía en Vigo?

1 comentario:

ana pastor dijo...

¿de donde sacas las imagenes? Casi vomito.