martes, 7 de abril de 2009

o porto

Andiveron estes días previos á semán santa quentes na cidade, por non variar. Cando non é Feipijoo quen se alonxa todo o que pode do Pp local, representado en Figueroa, é Jesús Paz, que lle deixa os deberes feitos á Perly, co beneplácito dos empresarios implicados, para que non mova nin unha liña.

Ante os futuros proxectos de recheo do porto vigués, a Olveira non se lle ocorre nada máis que ciscarse na historia do seu partido e declarar que é unha victoria do Bng. Tanto nadar para afogar na beira. Hai ben pouco dicía o contrario. Claro que máis complicado o teñen outros. Por un lado temos que o Fallo de Vigo declara que son o Psoe máis a Perly quenes chimpan de alegría co proxecto, mentras que no Atlántico aseguran que é o Bng quen se alegra. Pola súa banda, Feipijoo tampouco o ten claro, mentras que para a Voz de Galicia todo é unha caca de la vaca e non hai que facer caso. O Atlántico, por si acaso, e vendo para onde sopran os novos ventos, súmase ó da caca e lembra que plans xa houbo antes. Como sempre, esquecen que plans feitos co cu houbo anteriores, empezando polo recheo de Bouzas que tanto gusta a Citroen. Pero calquera di unha cousa así, claro.

Mentras tanto, o Alvariño aproveita e volve á carga coa segunda ponte sobre a Ría de Vigo, e a Voz o apoia lembrando que cando se fixo a primeira cargáronse parte do noso patrimonio histórico.

O caso é que xa temos enriba ó Nouvel, o Nobel da arquitectura, co novo proxecto emblemático. Os que mandan xa teñen dito que agora que saiu en prensa so queda pór prazos e un señor na presidencia do porto que lles diga que sí a todo, que privatice os espacios públicos a cambio de pór centros comerciais e regale a administración de actividades portuarias a empresas responsables de boa familia. A ver quen lles di que non agora.

No hay comentarios: