lunes, 13 de abril de 2009
adoptar en galicia
É curioso que hoxe traia a prensa dous novas sobre este tema: por un lado, temos o feito de que a Xunta propuxo, guiou, amparou e avalou unha adopción consistente en traer dous nenos do tercerio mundo separándooos dos seus irmáns. Sen dúbida, a protección do menor foi o que sinalou cada un dos seus actos que, non o esquezamos, tardan máis de catro anos de media en realizar. Por outro lado, temos que por fin alguén di o que era evidente: que si es pobre e tes fillos, podes irte despedindo deles, posto que as engranaxes administrativas están deseñadas para quedarse con eles, independentemente do esforzo que fagas por mantelos ó teu lado. O concepto según o cal un neno con quen mellor está non é co máis rico, senón cos seus pais non entra na cabeza dos gobernantes. Deste xeito, a adopción na Xunta de Galicia segue a ser un mercado co que pagar favores.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
¿"máis de catro anos de media en realizar"?
¡Qué optimista!
Publicar un comentario