martes, 7 de abril de 2009

tradicións viguesas

Por moito que me doa, teño que recoñecer que a cousa esa de sacalas imaxes en semana santa é xa toda unha tradición en Vigo. Nesta cidade calquera cousa que se faga máis de tres anos seguidos xa é tradicional, con solera e poderío. Mesmo o esperpento este que organizan catro vellos máis mortos que vivos e que non atopan quen lles releve.

Poderían aproveitar e sacar en procesión algún bidonciño desos que denunciaron os traballadores dunha empresa que nunca tivo licencia, que pecha e os deixa na rúa despois de trinta anos e que acumula residuos tóxicos como os adolescentes que coleccionan botellas no estante de enriba da cama. Tamén é moi tradicional. Ou mesmo poderían sacar a algún veciño de calquera dos edificios sentenciados co derrubo cada vez máis inevitable canto máis se percata o alcalde de que non lle vai quedar outra. Porque o do metro terá que esperar. Polo momento, iso de sacalo no último momento non vai valer, entre outra cousas porque (por unha vez voulle dar a razón á Ugt), sería bo integralo nunha rede de cercanías e co Ave. E da cousa da Gota de Leche, pois o mesmo, que non deixa de ser unha polémica estéril que solucionará a Perly en canto a fagan Conselleira de Pobres: os máis perigosos á Gota de Leche cos policías e o resto ó Casco Vello, que con sacalos bancos é máis que suficente.

Pola miña parte so podo suxerir que de sacar en procesión a alguen, que saquen a Figueroa, por selo edil con máis solera da cidade. Dende case os principios que está o tío pegado á cadeira municipal. E por riba tivo que aturar que a ferrolana lle pasara por riba. ¿Pero cántas ostias haberá dado esta tía para ir de número un?, pensou o probe o día que llo dixeron. Vamos, que por min que saquen a Xesús denriba do bicho e que senten a Chema, que moito non saberá, pero sair na prensa lle compensa todos os disgustos. Mesmo o de verse facéndolle o traballo á Perly ata as próximas eleccións.

No hay comentarios: