Claro que a ver como conxuga o postulado da dificultade de aprender en galego que promulga Galicia Pilingüe coa visión que ten a inmensa maioría dos pais de alumnos respecto á falta de esixencia que teñen os rapaces na escola.
Por outra parte, o maior reto que vai ter o Pp na cidade vai máis por ver cómo xustifica a presencia dunha presidenta do porto por dous anos cando a ninguén lle parece ben. Bo, co "y tú más" habitual, supoñemos. E, sobre todo cando todo o mundo está dacordo coa boa xestión do anterior presidente. Bo, todo o mundo non, todo o mundo menos Figueroa, que segue empeñado en levarlle a contraria ós mesmos empresarios ós que di defender.
Nin a de Marlon Brandon nin a de Bruce Willis.
Para camiseta, a de Figueroa.
Para camiseta, a de Figueroa.
Sempre lle quedarán as "comisións de afectados" das obras que menos tempo van durar na cidade (teñen que estar rematadas este ano se queren cobrar). Ó tempo que piden máis orden nas obras esixen que se poida aparcar en dobre fila ou enriba da beirarrúa ou en carga e descarga. A esto lle chaman "libertade de movementos" en Vigo. Ou "emprendedores do tráfico" ou algo así. Alá foi a crise como causa dos nosos males. Agora son as obras que dan traballo a moitos vigueses a culpa da mala educación dos conductores vigueses.
Este foi deixar un paquetiño e tomar un café e levoulle a grúa o coche.
U-las liberdades individuais? U-la democracía en Vigo?
U-las liberdades individuais? U-la democracía en Vigo?
1 comentario:
¿de donde sacas las imagenes? Casi vomito.
Publicar un comentario