lunes, 13 de abril de 2009

exclusivas

Contrariamente ó que fan algúns, non vou facer comentario algún respecto á falta de gusto e sentido común das manifestacións sanguentas que se veñen de celebrar estes días. Máis interesante é comprobar como o Atlántico Diario ven de instaurarse oficialmente como o gran periódico vigués. Efectivamente, trouxo estes días unha fabulosa exclusiva: a data exacta no que o Ave vai chegar a Vigo, data que non coñece ningures a estas alturas. Pero ese misterio non é tal cando se contan con "fuentes de toda solvencia". Non deixa de ser curioso que estas fontes dean a mesma data que eles veñen repetindo cunha insistencia que máis que cansina e aburrida ten chegado á psicopatía compulsiva. Propoñemos para o próximo titular respecto o tema algo do tipo "Nós xa o dixemos: nin Ave nin ostias".

Claro que ésta non é a única exclusiva que nos trouxo este xornal. Para todos aqueles que pensaban que Corina, despois da Arribada de Baiona (a Reconquista viguesa é demasiado populachera, ademáis de viguesa) estaba de resaca permanente, trae unhas xugosas declaracións, o que non é doado de acadar da portavoceira menos laboriosa do Concello de Vigo. Claro que as declaracións non é que dean moito de sí e mesmo poderían ter sido escritas por calquera redactor deste xornal, posto que se limita a recoller a nosa proposta: "Eu xa o o dixen: nin Ave nin ostias", pero máis fino, que a Perly non é tan basta como o que escribe estas liñas.



Os obsesivos-compulsivos nesta cidade hainos a montóns

Deste despliegue periodístico do Atlántico Diario xa podería aprender o seu competidor, o Fallo de Vigo, que tivo que recurrir a un refrito das alegacións presentadas no seu día polos empresarios do porto de Vigo respecto ó futuro túnel de Beiramar. Como non debían de ter outra, decidiron darlle leñá á mona de Caride, que é o inimigo a tumbar estes días, xa que anda a gastarse os cartos que queren para si os futuros gobernantes galegos. Así, aproveitan e califican de erro, por exemplo, o feito de que todolos concellos acepten o transporte metropolitano excepto o de Vigo, ou a presentación dun proxeto de metro que debe sela terceira vez que sae cuspidiño ó sacado pola Conselleira en funcións.

Coa conselleira mellor se portan na Voz de Galicia, que polo menos ten o bo gusto de lembrar que o carril bici onde non o queren é en Nigrán e Vigo, onde as construccións rozan a ilegalidade cando non se ciscan directamente na ordenación do territorio máis elemental. Polo que respecta a Baiona e a Guarda non consideran que a ampliación da carreteira vaia provocar "máis mortos".


Era evidente para todos menos para ela: si me pegas, non me queres

No hay comentarios: