miércoles, 29 de abril de 2009

a nova junta

A nova Junta de Galicia xa ten a súa pica clavada na lingua. Xa mandou unha circular ós colexios galegos indicando que quen queira desobedecer a lei, pode facelo libremente. E, se como mantén a nova aparecida no Fallo de Vigo, a orde non é contraria á lei vixente, entón ¿é necesario cambiala lei, tal e como prometeu que faría nos cen primeiros días de goberno? En calquera caso, o primeiro paso, dado en solitario, sen contar nen coa comunidade educativa, nen cos sindicatos, nen cos outros partidos políticos (lembremos que a lei vixente foi aprobada por todos eles) non sabemos se satisfará á bravida Gloria Lago.

En calquera caso, lembremos que os dereitos dos que estamos a falar non son os dos pais nin dos dos profesores. Son os dereitos dos rapaces a ser educados ó que está en xogo. Restarlles coñecementos nunha lingua é atentar contra os seus dereitos. Non garantir que vaian ter a competencia adecuada en galego vai supor quitarlles un dereito a ser culturizados. Pero non adiantemos acontecementos. Seguro que haberá varios centros onde os alumnos escollen falar en galego en todas as asignaturas.

No hay comentarios: