martes, 9 de junio de 2009

a austeridade

O tema da austeridade de Feijóo é un pouco como cando o Aznar gañou as eleccións por primeira vez. El Mundo sacaba todolos días temas escandalosos de corrupción e despilfarro do goberno de Felipe González, aínda que co tempo a maioría destes temas foron quedando como mentiras ou minimizados por outros non tan publicitados, pero máis terribles. O caso é que unha vez no poder a austeridade tamén foi unha bandeira daquel goberno, a eficacia na xestión por non chamarlle privatización dos servizos públicos, aquel invento tatcheriano que rematou en desgracia.

Agora Feijóo tráenos algo parecido. Hai que facer un hospital público, sí, pero con cartos privados a cambio da súa xestión. O pobo pon os terreos, o persoal e o material e a empresa privada cobra por disminuilos gastos duante vinte anos. Esta fórmula experiméntase en Madrid e Valencia con resultados de fracaso. Por riba, o presuposto para este ano está máis que cuberto.

Ou para comenzar a construcción da depuradora este ano basta con que Xunta aporte 400.000 euros, pero xa plantea que nin iso vai aportar. De pouco importa que o Clube Financieiro de Vigo reclamara o ano pasado a inmediata execución deste proxecto ou que a Unión Europea meta prisa.

Por outro lado, os empresarios queren que as obras pagadas cos cartos públicos no porto comencen canto antes, así que saltaremos todos os estudos e consensos anteriores para facelas canto antes. A austeridade non é para "O Gran Vigo" dos Alariños e García Costas. A non ser que a idea sexa doutro, claro, e o nome de Nouvel vaia ligado ó rival político.

O apoio ós traballadores afectados polos EREs tampouco é unha prioridade, que a austeridade impide axudar a quen o necesita. O principio conforme o que un empresario que gaña cartos é bo para a sociedade, pero un traballador cunha correcta atención sanitaria, social e educativa é un lastre e non un elemento de producción no máximo nivel é repetida unha e outra vez pola actual Xunta de Galicia. A crimininalización dos traballadores faise patente cando esquecen que a crise económica actual é unidireccional. Por riba, este pensamento reflicte que Galicia so serve para facerlle gañar as eleccións nacionais ó galego Rajoy. E, nesta cidade, que non importa o que leven por diante, que os servizos públicos que estaban a ser executados ben poden paralizarse sempre e cando se faga dano ó rival político.

2 comentarios:

paideleo dijo...

O tema da austeridade lévao ben recortando gastos en todos os lados.
Veremos como remata isto todo que non o miro nada claro.
Gracias por comentar no meu blogo.

pablo gonzalez dijo...

mentras remate non será grave. e gracias a ti pola visita.