lunes, 15 de junio de 2009

precampaña

Se non fose por puro agotamento xa poderiamos estar celebrando o comenzo da precampaña das eleccións municipais. Trala entrevista do paso de Ecuador da lexislatura con Caballero no Fallo de Vigo temos rolda de prensa de Figueroa, entrevista con Figueroa no Fallo e en Radio Vigo e análise destes dous anos por parte do Atlántico Diario, que sumamos ás accións da oposición por respecto a nós mesmos, xa que eles non o teñen cos seus lectores.

Gustarianos que na análise de Figueroa se incluiran accións como dicir que Olveira é un borracho, que Carmela Silva é a amante de Caballero ou que á Mendez e ó seu xefe vanse enterar, todas elas saídas do seu grupo ou del directamente. Pero como non e así supoñemos que será porque o alcalde é un prepotente e un soberbio e Corina Porro a mellor alcaldesa da historia de Vigo.

Ou que explicara dunha vez qué pensa de que Molares, que votou a favor da supramunicipalidade da Cidade da Xustiza diga agora que mellor non, que expropie os terrenos o Concello, a pesar de ralentizar o proceso deste xeito. Ou que o Conselleiro de Xustiza, o pontevedrés Rueda diga que o Xulgado do Mercantil está mellor en Pontevedra, levándolle a contraria ó decano dos xuices vigueses, o superxuiz Bardají. Ou que este conselleiro culpe ó anterior goberno da Xunta de que o Xulgado de Familia non chegara a Vigo, pero que el non pode facer nada para apoiar o Mercantil en Vigo.

Ou dos cartos que vai gastar a Xunta en incumplir a súa promesa electoral de derogar o decreto de Normalización Lingüística nos cen primeiros días de goberno. Pero claro, foi Corina Porro quen dixo que ía dimitir de todos os seus cargos políticos, non el, que sabe nadar e gardar a roupa.

1 comentario:

andresrguez dijo...

Non son máis que mentireiros