jueves, 4 de junio de 2009

a folga do metal outra vez

Cando un pasa todo o día na oficina non pode enterarse das cousas máis que polos medios. Así, se un colle Atlántico entérase de que os traballadores do metal son uns furiosos vándalos que arrasaron con contenedores, que tiraron pedras e tornillos contra os viandantes que se refuxiaron no centro comercial Camelias e mesmo que quiemaron un autobús, como os cachorros de Jarrai. Se le A Voz de Galicia pode descubrir que a policía tamén participou neste conflicto, acorralando ós traballadores dende a Praza de América ata os asteleiros. E se colle o Fallo de Vigo xa pode irse preparando, porque comproba que a cousa vai ir para largo. Para detalles, ten que acudir ó Xornal, que explica que o peor saltou cando os traballadores zarandearon un automóvil na Praza de América e o País, que informa de que mesmo ese autobús queimado foi apagado por algún traballador. O relato dos feitos que fai este periódico é o único que inclúe os movementos dos manifestantes previos á escaramuza xunto co 20 Minutos, o que parece darlle a razón a aqueles que din que so interesa este conflicto cando se leva ás súas últimas consecuencias. Por outra banda é o gratuíto o único diario que explica que os empresarios, lonxe de ter intención de negociar, retiran calquera oferta e so presentan mantelo convenio e non subilo soldo os próximos anos. Iso sí, chaman "vándalos" ós traballadores que non son quenes de entender como se pode ter esa postura. Sen dúbida é que non son mediadores da Xunta de Galicia nin minidelegados. Para o pouco que ten que facer Molares, non se lle mira o pelo.



Un xubilado vigués aproveitando a folga para levar a cabo a súa auténtica vocación:
fuchicar no interior dos contenedores.


Hoxe a cousa continuou polo mesmo cauce. Os traballadores decidiron tomar un trasantlántico, o centro comercial A Laxe, o Concello, supoñemos que buscando quen os escoite, posto que na mesa de negociación non hai tal. Do mesmo xeito que os catro contenedores queimados onte poden pasar a ser considerados como unha revolta popular, o do cámara de Telecinco de hoxe impactado por un petardo pode terminar por chegar a traer a fama que nos faltaba a Vigo. Tralo exitoso paso de Feijóo por Buenafuente, quizás agora consigamos levar á Molares ó programa de Ana Rosa Quintana. Quizás alí poida por fin enterarse de que este conflicto non é so cousa de cartos, senon de algo tan esquecido e que dá tan pouco de comer como a dignidade de clase.

Por certo, e para rematar este resume, recomendo a galería fotográfica do Xornal, non tan espectacular como o cachas que saca o País nin como os lumes dos outros medios, pero moito máis explicativa. As fotos aquí postas están pirateadas dos outrs medios, non iades pensar que vou facer eu todo o choio.


Un policía mantendo a orde. O señor de amarelo corre por se acaso.

1 comentario:

ana pastor dijo...

Muy bueno, felicidades por el post, pero seguro que te dará para varios más, la cosa va para largo.