jueves, 11 de junio de 2009

os debates do fallo

Se por algo se distingue o Fallo de Vigo é pola súa ausencia de rigor á hora de informar. Poñamos por caso que lle interese facer unha reportaxe sobre o que opinan os escritores e editores galegos respecto á errática política do goberno galego respecto á lingua galega. Pous colle a dous editores e a dous escritores. Os editores din que o galego está en situación de debilidade e que hai que protexelo. E logo colle a dous escritores. Un que escrebe en língua galega e castelán e outra que so escribe en castelán. O escritor bilíngüe di o mesmo que os editores e que os pedagogos e que os profesionais da ensinanza, por certo. E a escritora que so escrebe en lingua castelán di que un exemplo da imposición do galego é o feito de que durante anos houbera quen se emperrase en facer cumplila la lei de rotulación das toponimias. Por certo que esta escritora chama ós nacionalismos "nazionalismos". ¿Será iso o que din na reportaxe de que en Galicia un asunto pendente é falar ben o castelán?

1 comentario:

ana pastor dijo...

é moi significativo o que expos, eu penso organizar un bo funeral o galego.