martes, 14 de julio de 2009

veranito 2

Terán que disculpar os poucos lectores deste blog a miña inexistente actividade. Sempre quédame o consolo de que, como estamos en familia, todo se perdoa. Vamos, que este blog móvese menos que un concelleiro sen un periodista. Ou menos que a nova Xunta en Vigo, que ven a selo mesmo. Agora o novo proxeto rexeitado é a transformación de Beiramar. Proxeto a longo prazo, xa non teñen a escusa dos cartos, así que din que ten "un aluvión" de alegacións. O aluvión son corenta. E todas de empresarios, que non queren persoas non dispostas a traballar por un sallario infame preto das súas naves. Naves construídas sobre chan público regalado polo Estado franquista hai anos. Pero supoño que iso é falar dende o odio á "outra España", a quen ten os cartos e a desfachatez de facelos soar cando lle peta, so por fastidiar. E home, manía sí, un pouquiño de asco tamén, pero odio, o que se dí odio, pois tampouco teño.

A Xunta, por compensar, decide foder o xacemento arqueolóxico do Facho en Cangas (non, non é é honor a Miguel Font o nome) e mandalo ó monte do Castro en Vigo. Demasiados xacementos por todas partes, demasiado pasado, patrimonio e cultura aflorando por todas partes para os novos responsables da Xunta de Galicia, que prefiren pór as cousas claras: Cangas é para as madereiras, non para jipies de bocata e cocacola do super. Así que a desmantelar o seu patrimonio e mandalo alí, ó Castro, que ten as pedras moi perxudicadas. Así aforran a musealización urxente e a recuperación imprescindible do maior poboado castrense de Galicia tralo de Santa Tecla. ¿Qué carallo pintará o xacemento do Facho no monte do Castro?, por resumir. Pois montar unha chorrada.

E logo queixan os de Baiona de que lle manden borrachos no noite-bus. Pois que saiban que os borrachos son vigueses e que o noite bus lles salva a vida a moitos deles. O razoamento de que mellor estaban xogándose a vida non o acabo de ver tan claro como os hosteleiros, que se empeñan en facer unha vila de veraneantes madrileños. As queixas non van para contratar policía local que controle o botellón, nin para mellorar a limpeza, nin para facer programacións culturais e de ocio alternativas. As queixas van para que os borrachos morran na carreteira, por majaderos. Por suposto, tampouco para que a xente poida andar pola carreteira, ou ir en bici a Baiona. Aínda que todos os concellos o prefiran, aquí faise caso do que fai máis ruído. Pois que monten unha manifestación, que aquí en Vigo teñen salvado a máis dun hosteleiro.

1 comentario:

Galopin dijo...

Está Vd disculpado, Sr. González. Ya sabemos como es esto del veranillo, aunque con lo que llevamos disfrutado, no se yo...
Por lo que se refiere a Beiramar, me pregunto como en una ciudad tan poco importante y con casi nada de tráfico como es Barcelona, fueron capaces de llevar a término la Ronda Litoral. Pero claro, con "empresarios" tan pueblerinos y cortoplacistas como los que sufrimos en Vigo, todo es posible. Por lo que respecta a Baiona, los hosteleros de allí deberían aplaudir con las orejas la llegada de noctámbulos vigueses. Que ni todos los "jodechinchos" madrileños comen y cenan de restaurante, ni toman cinco copas en los locales nocturnos. El problema de Baiona está mucho más cerca: en Playa América, Panxón y Patos concretamente.
Que Vd. lo disfrute.